Publicamos a ORDE do 24 de abril de 2020 pola que se regula o procedemento e apróbase e dáse publicidade ao modelo de comunicación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de regulación temporal de emprego consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19 (código de procedemento TR820X) (DOG 27 de abril de 2020).
Convén destacar que esta Orde teñen por obxecto, regular a comunicación da información necesaria para a tramitación dos anticipos regulados por convenios de colaboración asinados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e diversas entidades financeiras, para formalizar anticipos das prestacións por desemprego orixinadas en expedientes de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19. Poden realizar esta comunicación todas as empresas cun expediente de regulación temporal de emprego consecuencia da crise sanitaria polo COVID-19, debidamente autorizado e comunicado pola autoridade laboral da Xunta de Galicia, en favor das persoas traballadoras afectadas polo devandito expediente que queiran formalizar un anticipo de acordo con devanditos convenios de colaboración. A comunicación ha de presentarse obrigatoriamente de forma telemática a través da ligazón https://sede.xunta.gal (código de procedemento TR820X), e incluiranse todos os datos que se indican na orde e no anexo da mesma. O prazo de presentación termina o 30 de outubro de 2020.
As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada empregado teña pendente de cobranza e poderán chegar ata os 750 euros ao mes, en caso de persoas con contratos a tempo completo e afectación do ERTE ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o ERTE afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente.
Para máis información sobre estes anticipos poden chamar teléfono gratuíto da Xunta de Galicia 900 815 600, ou acceder á páxina web https://emprego.xunta.gal.
Esperamos que esta información resulte do seu interese.
Atentamente.