Facémoslles chegar a información publicada pola Xunta de Galicia, para a Prevención da saúde laboral no comercio de proximidade, coas normas básicas a cumprimentar e ter en conta ante o inicio, o vindeiro luns día 4 de maio, das fases de desescalada do confinamento polo COVID-19, así como de reapertura gradual e progresiva do comercio comerciante polo miúdo e outros sectores, fases como sabemos aprobadas por Consello de Ministros do 28 de abril de 2020. Así mesmo, achegamos o documento publicado pola Xunta de Galicia que contén dita información.
¿Cómo organizar a actividade no seu comercio?
- Coloque carteis en zonas visibles coas advertencias das autoridades sanitarias.
- Planifique as necesidades de material de protección e hixiene para o persoal e a clientela (luvas desbotables, máscaras, solucións hidroalcohólicas…).
- Dispoña de material de limpeza e desinfección suficiente como deterxentes e lixivia ou outros produtos autorizados polo Ministerio de Sanidade para desinfectar.
- Protexa ao persoal traballador dos grupos vulnerables ao coronavirus.
¿Cómo manter a distancia de seguridade?
- Controle o aforo no seu comercio: utilice a cita previa, coloque carteis informativos, e organice a entrada graduada da clientela.
- Sinalice o chan mediante cinta adhesiva ou postes separadores, entre a clientela que agarda para o servizo, a caixa ou o acceso ao establecemento.
- Fomente a compra e pago electrónico. Se non é posible a entrega a domicilio, habilite servizos de recollida no comercio.
- Pode instalar pantallas ou outros elementos de barreira nas zonas de atención ao público como mostradores, caixas de cobranza, etc. especialmente cando non se poida manter a distancia.
¿Cómo respectar as medidas hixiénicas?
- Facilite solucións hidroalcohólicas, luvas desbotables e coloque contedores con tapa, pedal e bolsas recambiables nos accesos do comercio para uso público.
- Protexa os produtos para evitar a súa contaminación mediante fundas, pantallas, vitrinas, etc.
- Reforce a limpeza e desinfección do local e das superficies que máis se tocan, como mostradores, pomos de portas, ordenador, TPV, probadores e aseos.
- Ventile con máis frecuencia e asegure a renovación do aire se ten instalados sistemas de ventilación ou climatización.
Posibilidade de apertura, con cita previa, a partir do 4 de maio.
Esta información poderá servirlles de guía orientativa para coñecer que medidas e actuacións deben adoptar para poder levar a cabo a reapertura dos seus respectivos establecementos, nas fases marcadas e segundo as condicións e medidas aprobadas polo Goberno, sen poñer en risco a súa saúde nin a dos seus clientes.
Esperamos que esta información lles resulte de interese.
Atentamente.