Orde que permite a realización de actividades non profesionais de coidado de hortas para autoconsumo e recolección de produccións agrícolas (BOE 1 de maio)


Publicamos a Orde SND/381/2020, do 30 de abril, pola que se permite a realización de actividades non profesionais de coidado e recolección de producións agrícolas (BOE 1 de maio de 2020).

https://boe.es/boe/dias/2020/05/01/pdfs/BOE-A-2020-4768.pdf

Convén destacar da devandita Orde que permite o desprazamentos para o coidado e recolección dos hortos cando non se trate de actividades de natureza laboral, profesional ou empresarial (as cales xa estaban permitidas polo Decreto 463/2020 do 14 de marzo de declaración do estado de alarma).

O desprazamento para coidado e recolección de hortos, queda autorizado sempre que se achen no mesmo termo municipal ao domicilio ou un adxacente ao mesmo. Este requisito de proximidade poderá exceptuarase en situación de necesidade, considerando como tal: a) o coidado e atención de animais; b) o coidado e recolección de hortos de autoconsumo, naqueles casos nos que, en atención á situación socioeconómica do interesado, o consumo do produto dos mesmos, resulte imprescindible para atender á súa subsistencia, o que poderá acreditar por calquera dos medios admitidos en dereito.

En todo caso os desprazamentos realizaranse respectando as normas de protección de saúde e seguridade de cidadáns, ditadas por autoridades competentes.

O desenvolvemento destes traballos realizarase de forma individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada, e polo tempo indispensable.

Esta orde entra en vigor o mesmo día da súa publicación en BOE, e será de aplicación durante toda a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas sucesivas.

Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.

Atentamente.

Deixa un comentario