Reanudación de prazos de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e doutros procedementos administrativos


Publicamos a ORDE do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG 11 de maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200511/AnuncioG0424-070520-0003_gl.pdf

Destacar desta Orde que as subvencións para comercios publicadas no DOG do 21 de Febreiro de 2020, isto é, a Orde do 30 de Xaneiro de 2020, pola que se convocan subvencións para a innovación, dixitalización e implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal (Código procedemento CO300 C), así como a Orde do 30 de Xaneiro de 2020, pola que se convocan subvencións para actuacións de ecoinnovación comercial (Código procedemento CO300D), renovan ambas os prazos para presentar as solicitudes que se poderán presentar ata 10 días naturais a contar desde o día seguinte da publicación desta orde no DOG, é dicir, ata o 21 de maio. As condicións, requisitos, actuacións subvencionables e contías dos devanditos programas de subvencións, mantéñense exactamente igual que nas ordenes publicada orixinais o 21 de Febreiro de 2020. Achegámoslles de novo as fichas resumen de ditas Ordenes para que poidan lembrar o seu contido se deciden solicitalas neste novo prazo renovado por mor da flexibilización das fases de desescalada do estado de alarma.

Publicamos así mesmo a ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e dáse publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma (DOG 11 de maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200511/AnuncioG0424-070520-0001_gl.pdf

Deixa un comentario