Publicamos a Orde TMA/400/2020, do 9 de maio, pola que se establecen as condicións para aplicar na fase I da desescalada en materia de mobilidade e fíxanse outros requisitos para garantir unha mobilidade segura (BOE 10 de maio de 2020).
https://boe.es/boe/dias/2020/05/10/pdfs/BOE-A-2020-4912.pdf
Convén destacar da devandita Orde que, en todo o territorio nacional, os correspondentes servizos ferroviarios de proximidade de competencia estatal irán aumentando a súa oferta progresivamente ata recuperar o 100% dos mesmos, tendo en conta a necesidade de axustar a oferta de servizos á demanda previsible e procurar a máxima separación posible entre os pasaxeiros.
Ademais indícase nesta Orde, en canto á navegación de recreo e outras actividades aeronáuticas de recreo, que naqueles territorios que pasasen á FASE I de desescalada, a navegación de recreo pode realizarse, atendendo á súa consideración de turismo activo ou de natureza, por grupos limitados (actividades culturais ou de lecer). Permitirase a navegación ás persoas que teñan o seu domicilio na mesma provincia, illa ou cidade autónoma en que estea amarrada a embarcación ou estacionada a aeronave, non podendo atoparse a bordo un número de persoas que supere o 50% das persoas autorizadas nos certificados da embarcación ou aeronave, salvo que se trate de persoas que conviven no mesmo domicilio, nese caso poderase alcanzar o 100%. En todo caso, o número de persoas a bordo da embarcación non poderá exceder de dez. Os propietarios de embarcacións ou areronaves estacionadas nun municipio adxacente ao da súa residencia, pero dentro da mesma provincia ou illa, poderán efectuar visitas para comprobacións de seguridade e mantemento. Nestes casos só poderá acceder unha persoa á embarcación ou aeronave.
Tamén se poderán alugar motos náuticas e embarcacións ou buques de recreo, así como aeronaves de recreo, por parte de persoas que residan na mesma provincia, illa ou cidade autónoma na que se atope a empresa de aluguer (os aeroclubes asimilaranse a esta categoría). No caso das motos náuticas, só poderá ir unha persoa a bordo, salvo que se trate de persoas que residan no mesmo domicilio, nese caso non poderán superar o número de prazas autorizadas polo fabricante da mesma. A navegación de recreo ou actividades aeuronáuticas de recreo limitaranse ás augas ou espazos aéreos permitidos dos territorios da provincia, illa ou unidade territorial de referencia. As motos náuticas e embarcacións ou buques de recreo non poderán afastarse máis de 12 millas do porto ou instalación de amarre desde o que comece a navegación. En todo caso, deberán cumprir as normas xerais sanitarias de limpeza e desinfección das embarcacións.
Por último destacar as condicións de ocupación dos vehículos de transporte terrestre. En canto ás motocicletas, ciclomotores e vehículos categoría L,que estean provistos con dúas prazas homologadas (condutor e pasaxeiro), poden viaxar dúas persoas sempre que leven casco integral con visera ou utilicen máscara, ou ben no caso de que residan no mesmo domicilio. O uso de luvas será obrigatorio por parte do pasaxeiro e tamén por parte do condutor no caso de motocicletas e ciclomotores destinados ao uso compartido. Para estes efectos, serán admitidos as luvas de protección de motoristas.
Nos transportes privados particulares e privados complementarios de persoas en vehículos de ata 9 prazas, incluído o condutor, poderán viaxar tantas persoas como prazas teña o vehículo, sempre que todas residan no mesmo domicilio. Neste suposto, non será necesario o uso de máscara. Nestes vehículos, cando non todos os viaxeiros convivan no mesmo domicilio, poderán desprazarse dúas persoas por cada fila de asentos sempre que utilicen máscara e respecten a distancia máxima posible entre ocupantes.
Nos transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata 9 prazas (Taxis), incluído o condutor, poderán desprazarse dúas persoas por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor, debendo garantirse, en todo caso, a distancia máxima posible entre os seus ocupantes. No caso de que todos os usuarios convivan no mesmo domicilio, poderán ir tres persoas por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor.
Nos vehículos nos que, polas súas características técnicas, unicamente dispóñase dunha fila de asentos, como no suposto de cabinas de vehículos pesados, furgonetas, ou outros, poderán viaxar como máximo dúas persoas, sempre que os seus ocupantes utilicen máscaras e garden a máxima distancia posible. En caso contrario, unicamente poderá viaxar o condutor.
No transporte público regular, discrecional e privado complementario de viaxeiros en autobús, así como nos transportes ferroviarios, nos que todos os ocupantes deban ir sentados, o operador limitará a ocupación total de prazas de maneira que os pasaxeiros teñan un asento baleiro contiguo que os separe de calquera outro pasaxeiro. Como única excepción a esta norma, o operador poderá situar en asentos contiguos a persoas que viaxen xuntas e convivan no mesmo domicilio, podendo resultar neste caso unha ocupación superior. En todo caso, nos autobuses manterase sempre baleira a fila posterior á butaca ocupada polo condutor. Na distribución da ocupación prestarase especial atención á habilitación de espazos para persoas con discapacidade.
Nos transportes públicos colectivos de viaxeiros de ámbito urbano e periurbano, nos que existan plataformas habilitadas para viaxar de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, establecéndose como referencia a ocupación da metade das prazas sentadas dispoñibles, e de dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé.
Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.
Atentamente.