Ampliación do prazo de solicitude ata o 29 de maio, das axudas á dixitalización publicadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia


Publicamos a ORDE do 8 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e procédese á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300 C) (DOG 13 de maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200513/AnuncioG0424-080520-0001_gl.pdf

O máis destacado desta modificación é que se amplía o prazo de solicitude destas axudas ata o 29 de maio de 2020 (inicialmente ampliouse ata o 21 de maio). As demais condicións de requisitos dos beneficiarios, actuacións subvencionables, contías das axudas e documentación que hai que presentar para solicitar as axudas, mantéñense tal e como estaba desde o principio.

Esperamos que esta información lles resulte de interés.

Atentamente

Deixa un comentario