Publicamos o Real Decreto-lei 18/2020, de 12 de maio, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE 13 de maio de 2020).
https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/13/pdfs/BOE-A-2020-4959.pdf
Convén destacar que a partir da entrada en vigor deste Real Decreto, continuarán en situación de FORZA MAIOR TOTAL derivada do COVID 19, aquelas empresas e entidades que contasen cun expediente de regulación temporal de emprego por forza maior ( ERTE), baseado no artigo 22 da Real Decreto -lei 8/2020 do 17 de marzo, e estivesen afectadas ditas empresas polas causas referidas no devandito precepto, isto é, perda de actividade por algunha das seguintes causas, as cales impidan o reinicio da actividade mentres duren as mesmas (en ningún caso, máis aló do 30 de xuño de 2020):
- Suspensión ou cancelación da actividade obrigada.
- Peche temporal de locais de afluencia de público.
- Restriccións en transporte público ou mobilidade das persoas e/ou mercadorías.
- Falta de suministros que impidan gravemente o desenvolvemento da actividade.
- Situacións urxentes e extraordinarias debidas ao contaxio do persoal ou adopción de medidas de aislamento preventivo.
Tamén sinalar que se atoparán en situación de FORZA MAIOR PARCIAL derivada do COVID 19, aquelas empresas e entidades que conten cun ERTE polas causas de forza maior indicadas antes (artigo 22 do RD-lei 8/2020 do 17 de marzo), desde o momento no que as causas descritas no apartado anterior, permitan a recuperación parcial da súa actividade, ata o 30 de xuño de 2020. Estas empresas e entidades deberán proceder a reincorporar aos traballadores afectados polo ERTE, na medida necesaria para o desenvolvemento da súa actividade, primando os axustes en termos de redución de xornada.
Todas as empresas e entidades a que se refiren os 2 parágrafos anteriores, deberán comunicar no seu caso á autoridade laboral, a renuncia total ao ERTE autorizado, nun prazo de 15 días, desde a data de efectos daquela. Estas empresas e entidades, tamén deberán comunicar ao SEPE as variacións de datos, a efectos da suspensión ou regularizacion do pago das prestacións que derivan destas modificacións.
En cuanto a los ERTES por causas económicas, técnicas, organizativas y de producción iniciados tras la entrada en vigor del presente Real Decreto Ley y hasta el 30 de junio de 2020, les resultará de aplicación el artículo 23 del RD-ley 8/2020 de 17 de marzo. También conviene destacar que las medidas de protección por desempleo previstas en apartados 1 al 5 del artículo 25 de este mismo RD ley 8/2020 de 17 de marzo, resultarán aplicables hasta el 30 de junio de 2020. Las medidas extraordinarias en materia de protección de desempleo reguladas en el artículo 25.6 del RD-ley 8/2020 de 17 de marzo, resultarán aplicables hasta el 31 de diciembre de 2020.
En canto aos ERTES por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción iniciados tras a entrada en vigor do presente Real Decreto Lei e ata o 30 de xuño de 2020, resultaralles de aplicación o artigo 23 do RD-lei 8/2020 do 17 de marzo. Tamén convén destacar que as medidas de protección por desemprego previstas en apartados 1 ao 5 do artigo 25 deste mesmo RD lei 8/2020 do 17 de marzo, resultarán aplicables ata o 30 de xuño de 2020. As medidas extraordinarias en materia de protección de desemprego reguladas no artigo 25.6 do RD-lei 8/2020 do 17 de marzo, resultarán aplicables ata o 31 de decembro de 2020.
En canto ás medidas extraordinarias en materia de cotización á seguridade social aprobadas polo presente RD-lei, destacar que a TGSS exonerará respecto a cotizacións devindicadas meses de maio e xuño do 2020, a empresas e entidades afectadas por ERTES de FORZA MAIOR TOTAL,así como das cotas de recadación conxunta, sempre que ao 29 de febreiro de 2020, tivesen menos de 50 traballadores. Se estas empresas en @dicha data tivesen 50 ou máis traballadores, a exoneración de cotas á Seguridade Social, alcanzará o 75% da achega empresarial.
As empresas e entidades afectadas por un ERTE de FORZA MAIOR PARCIAL, quedarán exoneradas do abono da achega empresarial á cotización á Seguridade Social nas porcentaxes indicadas a continuación en función do número de traballadores na empresa a data indicada:
Traballadores que reinicien a súa actividade a partir de efectos da renuncia da empresa ao ERTE e dos períodos e porcentaxes de xornada traballados desde o reinicio:
- Empresa con menos de 50 traballadores a data de 29 de febreiro de 2020: Exención do 85% da aportación empresarial devengada en maio do 2020, e do 70% en xuño do 2020.
- Empresa con 50 traballadores ou máis a data de 29 de febreiro de 2020: A exención alcanzará o 60% da aportación devengada en maio do 2020, e o 45% en xuño do 2020.
Traballadores destas empresas que continúen coas súas actividades suspendidas a partir da data de efectos da renuncia e dos períodos e porcentaxes de xornada afectados pola suspensión.
- Empresa con menos de 50 traballadores a data de 29 de febreiro de 2020: A exención alcanzará o 60% da aportación empresarial devengada en maio do 2020, e o 45% da aportación empresarial devengada en xuño do 2020.
- Empresa con 50 traballadores ou máis a data de 29 de febreiro de 2020: A exención alcanzará o 45% da aportación empresarial devengada en maio do 2020, e o 30% da aportación empresarial devengada en xuño do 2020.
Todas as exencións na cotización aplicaranse pola TGSS a instancia da empresa, previa comunicación sobre a situación de forza maior total ou parcial, así como da identificación dos traballadores afectados e período de suspensión ou redución de xornada dos mesmos. Esta comunicación realizarase por cada Código Conta Cotización, mediante declaración responsable que deberá presentarse antes que se se solicite o cálculo da liquidación de cotas correspondentes a través do Sistema Rede.
Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.
Atentamente.