Informamos das medidas publicadas no DOG, de 19 de maio de 2020, en relación á crise do COVID-19.
RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (CECOP), do 16 de maio de 2020 (DOG 19 maio de 2020).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0244-180520-2_gl.pdf
Convén destacar destos acordos os seguintes:
- Solicítase ao Goberno do Estado a modificación ou aclaración da Orde snd/380/2020 do 30 de abril, sobre as condicións en que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a crise sanitaria, e na Orde 388/2020 do 3 de maio, pola que se establecen as condicións de apertura ao público de determinados comercios e servizos e arquivos, así como a práctica de deporte federado ou profesional (en relación a esta última cuestión), a fin de que suprima as franxas horarias e a limitación ao termino municipal na práctica do deporte non profesional así como nos paseos.
- Acórdase levantar a suspensión da actividade cara ao público de centros de visitantes e interpretación de aulas da natureza de parques naturais, nacionais e outros espazos naturais protexidos e das visitas guiadas en grupo. Pero dita actividade deberá realizarse cumprindo a normativa estatal en canto a normas sanitarias, de protección da saúde e seguridade, así como o disposto no protocolo de medidas de prevención do COVID-19 nos devanditos centros de visitantes de parques naturais de Galicia e aulas da natureza.
- A Consellería de Infraestruturas e Movilidad presenta ao CECOP, un procedemento para que as actividades suxeitas ao canon de auga e lixos en que a base impoñible veña determinada por estimación obxectiva, poidan acreditar #ante o organismo de Augas de Galicia, con carácter previo á emisión da liquidación, o cesamento da súa actividade durante o tempo que se viu obrigada a estar a mesma en suspenso ou pechada polo estado de alarma, de forma que se minore de forma proporcional a base impoñible liquidable.
- En relación aos horarios comerciais, o Acordo do 15 de Marzo do CECOP establecía liberdade horaria para os establecementos de primeira necesidade. A partir da entrada da FASE II en Galicia, deixarase sen efecto este acordo de liberdade horaria para establecementos de primeira necesidade, e volve ser de aplicación a Lei de Horarios de Galicia de 2006 , tendo plena liberdade horaria só os establecementos comerciais que xa a tiñan de antes como excepción (os de menos de 300 metros cadrados, os que están en zonas de gran afluencia turística e os demais previstos no devandito artigo.
- Apróbase o protocolo para o reinicio da actividade presencial en arquivos, museos e bibliotecas xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo de Galicia, e establécense medidas preventivas fronte ao COVID_19. A medidas preventivas, sanitarias, de protección e seguridade para traballadores e visitantes ou usuarios destes centros, detállanse con claridade e precisión no acordo correspondente do arquivo que achegamos.
- Autorízase a titulares de montes ou terreos forestais ou de leiras rústicas que alberguen especies vexetais leñolas ou herbáceas, para que desenvolvan actividades de xestión de biomasa, incluíndo rózalas “”, os traballos de mantemento e de limpeza de restos nas devanditas leiras en chan urbano, de núcleo rural e urbanizable. Deben levar unha declaración responsable que comprenda as leiras das que son donos, incluíndo a identificación da parcela e a súa identificación catastral, e os utensilios ou ferramentas propias para realizar os devanditos traballos autorizados.
- Levántase a suspensión da celebración de mercados de gando en todo o territorio da CA de Galicia, con estrita observancia dos protocolos de seguridade e prevención establecidos polas autoridades sanitarias.
- Portos de Galicia conforme á normativa legal, adoptará medidas necesarias para garantir que se cobrarán unicamente aquelas taxas nas cales se produciu de forma efectiva, o uso ou utilización do dominio portuario para instalación de terrazas, polo tempo correspondente desde a entrada en vigor do estado de alarma, o 14 de marzo de 2020, ata o día 11 de maio de 2020.
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG 19 maio de 2020).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0424-130520-0001_gl.pdf
RESOLUCIÓN de 8 de maio de 2020 pola que se deixan sen efecto por causas sobrevindas diferentes convocatorias de concesión de subvencións, bolsas e patrocinios, da Axencia de Turismo de Galicia (DOG 19 maio 2020).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0256-080520-0002_gl.pdf
RESOLUCIÓN de 8 de maio de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas (código de procedemento IF500A) (DOG 19 maio de 2020).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioC141-110520-0001_gl.pdf
Esperamos que esta información lles resulte de interese.
Atentamente.