Publicamos a Orde SND/422/2020, do 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 20 de marzo de 2020).
https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/20/pdfs/BOE-A-2020-5142.pdf
Convén destacar desta Orde, o uso obrigatorio de máscaras por parte da poboación a partir dos 6 anos, na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros.
Serve calquera tipo de máscara, preferentemente hixiénicas e cirúrxicas, que cubran nariz e boca.
Esta obrigación non será aplicable nos seguintes supostos:
- Persoas que teñen algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de máscara.
- Persoas nas que o uso de máscara resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia, presenten alteracións na conduta que fagan inviable a súa utilización.
- Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza das mesmas, resulte incompatible o uso de máscara.
- Causa de forza maior ou necesidade.
Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.
Atentamente.