Medidas publicadas en DOG 28 de maio, relativas á crise do COVID-19. Inclúe convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.


Informamos das medidas publicadas no DOG, de 28 de maio de 2020, en relación á crise do COVID-19.


RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Movilidad, pola que se establecen medidas en relación coa utilización dos servizos de transporte público de viaxeiros de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 28 maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200528/AnuncioG0533-250520-0002_gl.pdf

Convén destacar desta Resolución, que establece que en vehículos ou embarcacións de titularidade pública, que dispoñan de asentos, limitarase a ocupación total de prazas de forma que os pasaxeiros teñan un asento libre contiguo que os separe doutros pasaxeiros, salvo que se trate de conviventes. En caso de vehículos ou embarcacións nos que todos deban viaxar sentados, cumprirán o requisito de separación aqueles asentos situados á beira da zona de paso que non teñan ningún outro contiguo. Non se poderá ocupar a primeira fila inmediatamente detrás do posto do condutor, cando se atopen no mesmo habitáculo, salvo que o vehículo dispoña dun biombo que separe ao condutor da primeira fila. Os vehículos e embarcacións con prazas de pé, procurarán que as persoas manteñan a máxima distancia entre se posible; establécese como referencia a ocupación da metade das prazas sentadas dispoñibles e de dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pe.


ORDE do 18 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG 28 maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200528/AnuncioG0424-250520-0001_gl.pdf

Os procedementos de concesión de subvencións que se renovan a través desta Orde son os seguintes:

  • Subvencións para habilitación e mellora de parques empresariais en Galicia.
  • Subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais.
  • Subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais de Galicia.

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2020 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación (DOG 28 maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200528/AnuncioG0177-190520-0001_gl.pdf

Esta Resolución ten por obxecto a obtención por persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de rematar o prazo de inscrición, da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, dentro do Plan formativo ofimático de Galicia. O prazo para inscribirse finaliza 5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación desta Resolución en DOG. O número de prazas son 180, a duración 12 semanas (190 horas lectivas), a modalidade teleformación tutorizada a través da plataforma EMA da rede CEMIT. E a data de realización será do 1 de setembro ao 22 de novembro de 2020. Na Resolución que achegamos veñen todos os pasos e forma de inscribirse neste curso para aquelas persoas interesadas en obter esta certificación.


Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.

Atentamente.

Deixa un comentario