Medidas publicadas en DOG 29 de maio, relativas á crise do COVID-19


ACORDO do 28 de maio de 2020 polo que se deixa sen efecto o do 24 de marzo de 2020 polo que se establecen medidas preventivas no ámbito da sanidade mortuoria, como consecuencia da epidemia do COVID-19, na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 29 de maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200529/AnuncioC3K1-280520-0001_gl.pdf

Convén destacar deste Acordo, que procede a deixar sen efecto as medidas adoptadas no Acordo do 24 de marzo de 2020 (DOG 26 marzo de 2020) polo que se establecen medidas preventivas no ámbito da sanidade mortuoria, como consecuencia da epidemia do COVID-19, na Comunidade Autónoma de Galicia. Ditas medidas que agora quedan sen efecto consistían basicamente en:

  • Acondicionamento do cadáver obrigatoriamente utilizando bolsa sanitaria estanca autorizada a este fin, e senón é posible, dobre sudario de plástico que garanta a manipulación segura do cadáver, que deberá pulverizarse con desinfectante sanitario.
  • Nos velorios do cadáver non poderán asistir persoas con síntomas respiratorios.
  • Haberá que lavarse as mans con frecuencia con auga e xabón.
  • Non máis de 8 persoas en edificio e sen manifestacións de condolencias a familiares.
  • Obrigatorio aprazar cerimonias de culto civís ou relixiosas.
  • As comitivas de acompañamento do enterro non terán máis de 20 persoas.
  • Non haberá servizo de cafetería nos tanatorios.

Ao deixarse sen efecto este acordo da Xunta de Galicia, enténdese que nos enterros e velorios aplicaranse en Galicia as normas xerais do Ministerio de Sanidade para a FASE II en canto a este apartado, recollidas na Orde SND/414/2020 do 16 de maio xunto coas modificacións aprobadas pola Orde SND/440/2020 do 23 de maio, nas cales en canto aos enterros e velorios establece o seguinte como normas xerais:

  • Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo, en cada momento, de 25 persoas en espazos ao aire libre ou 15 en espazos pechados, sexan ou non conviventes.
  • A participación na comitiva para o enterro ou despedida para cremación do falecido, restrínxese a 25 persoas entre familiares e achegados, ademais do ministro de culto no seu caso.
  • Deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene relativas a hixiene de mans, distancia mínima interpersoal de 2 metros e etiqueta respiratoria.

Esperamos que esta información lles resulte de su interese.

Atentamente.

Deixa un comentario