Ante a recente publicación de varias axudas do IGAPE (as cales se publicaron nesta mesma web, así como remitido por circular), entre elas a do Cheque Dixital, publicamos unha guía orientativa para cubrir o cuestionario previo da páxina do IGAPE a fin de obter o código IDE imprescindible para poder solicitar ditas axudas.
Básicamente os pasos son os seguintes:
- Entrar na página do IGAPE a través da ligazón http://www.tramita.igape.es.
- Rexistrarse como usuario novo se non está rexistrado (se xa o está, debe introducir o seu nome de usuario e contrasinal para acceder).Una vez registrado con un nombre de usuario y una contraseña, acceder a “Confección de solicitudes – cuestionarios“
- Se é a primeira vez que accede, debe dar de alta ao solicitante facendo clic en “Crear nova empresa“. Para crear esta nova empresa só se deberá introducir a forma xurídica da mesma, o CIF-NIF, e os datos do titular.
No caso de que xa tivese unha empresa creada, debe acceder á súa empresa no apartado correspondente para cubrir o formulario e obter o IDE para poder pedir as axudas. - Acceder ao apartado “Crear cuestionario de solicitude“, e pulsar en “Para a empresa actual” se é aquela para a que desexa solicitar as axudas.
- Seleccionar o procedemento do IGAPE ao que se quere acceder (por exemplo, para o caso do Cheque Dixital, o código de procedemento é o IG300E, indicado na Resolución da convocatoria).
- Cubrir o formulario do procedemento seleccionado. Unha vez cuberto, obterase o código alfanumérico IDE, necesario para tramitar a solicitude da axuda desexada. O código IDE deberá ser introducido cando se inicie a solicitude da devandita axuda.
Unha vez realizado este paso previo, deberá acceder ao Anexo I de solicitude da axuda a través da mesma páxina do IGAPE, ou da sede electrónica da Xunta de Galicia, identificándose co certificado dixital do titular ou representante da empresa solicitante. Debe cubrir e asinar dixitalmente devandito Anexo, así como achegar a documentación pertinente que se esixa na Resolución de convocatoria da axuda que desexe solicitar.
Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.
Atentamente