Programa do bono das persoas autónomas

ORDE do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR341Q).

Requisitos:

  1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou nunha mutualidade de colexio profesional, con domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.
  2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
    • Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.
    • Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.
    • Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210712/AnuncioG0599-300621-0001_gl.pdf

Deixa un comentario