ORDE do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, se convocan para o ano 2022 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221011/AnuncioV0653-300922-0001_gl.pdf
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia
Obxecto
O obxecto é a concesión de axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.
Bases reguladoras
As bases reguladoras publícanse conxuntamente na convocatoria do programa de bonos Activa comercio.
Importe
Para a concesión destas axudas destínanse 5.000.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
Data de activación dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polos usuarios desde o 24 de outubro de 2022 e a súa validez estenderase ata o 31 de decembro de 2022.
Wanderlust, no sé si estaremos abiertos o tendré q cerrar…
Por causas ajenas a mi voluntad.
De momento está abierto.