Convocatoria de subvencións destinadas a apoiar a empresas para actuacións en materia de economía circular de Santiago de Compostela.
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/10/18/2022_0000006374.pdf
Obxecto e finalidade
Son axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ao desenvolvemento, por parte de empresas de Santiago de Compostela, de proxectos de economía circular, entendida como aquela na que o valor dos produtos, os materiais e os recursos mantéñense na economía durante o maior tempo posible, reducindo ao mínimo a xeración de residuos definidas como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia do Concello de Santiago de Compostela afectadas pola crise da Covid19, dentro do programa “COMPOSTELA MÓVESE” ano 2022.
Persoas beneficiarias
Poderán beneficiarse as empresas personais que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter domicilio social e fiscal no Concello de Santiago de Compostela, e/ou desenvolver directamente as actividades
subvencionables nun centro situado no este Concello. - Estar validamente constituídas no momento de publicación do extracto desta convocatoria no BOP Coruña.
- As empresas deberán manter vixentes a súa alta no IAE durante todo o proceso de tramitación da solicitude de
subvención. - Cumprir cos requisitos de PEME segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento
UE nº 651/2014. - Estar ao corrente das súas obrigacións fiscais coa AEAT, Xunta de Galicia, Seguridade Social e tributarias co Concello
de Santiago de Compostela. - En calquera caso, quedan excluídas as sociedades públicas e entidades de dereito público, así como as entidades
sen ánimo de lucro e as que realicen actividades asociativas ou profesionais (asociacións, colexios profesionais, etc.)
Contía de la subvención
O importe final da subvención, non poderá superar o importe máximo de 20.000 euros por beneficiario, nin o importe
total do 80% dos gastos subvencionables debidamente xustificados. Para coñecer cómo se realiza o cálculo, consultar as bases accesibles a través da ligazón ao inicio desta información.
Prazo de presentación de solicitudes e xustificación
O prazo límite de presentación de solicitudes e xustificación é o día 2 de novembro de 2022 incluido.