Santiago de Compostela: Premios á excelencia empresarial Axenda Urbana 2030.

Desde o Concello de Santiago de Compostela publicáronse as bases reguladoras da 1ª Edición dos premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030.

Obxecto e finalidade

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 é premiar ás empresas que se distinguiron polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, boas prácticas de empresas de economía social.

Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, ao menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, sexa cal for o seu campo de actividade. Na base terceira defínense as categorías ás que poderán optar as empresas de Santiago de Compostela podendo, cada unha delas, presentar a súa candidatura a varias categorías

Contía do Premio

A contía do Premio terá un importe de 6.000€ en cada categoría e haberá, tamén, dúas mencións para os finalistas de cada categoría por un importe de 2.000€.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para as solicitudes comeza o mércores 19 de outubro, e remata o 2 de novembro de 2022. As solicitudes deberán realizarse a través da sede electrónica do Concello de Santiago. Todos os interesados poden contar co asesoramento do Servizo de Apoio á Empresa da Oficina de Economía do Concello de Santiago.

Pode ampliarse a información na correspondente publicación do BOP, accesible na ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/10/18/2022_0000006376.pdf

Deixa un comentario