O SMI (Salario Mínimo Interprofesional) para 2023 foi aprobado polo Goberno de España o 14 de febreiro de 2023 e publícase no BOE do 15 de febreiro. Aplícase con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2023.
O novo Salario Mínimo foi aprobado o 14 de febrero. Sen embargo, o SMI terá carácter retroactivo, desde o 1 de xaneiro de 2023, polo que o empregador deberá pagar ao traballador asalariado a diferenza.
En España, o salario mínimo ascende a 1.082 euros brutos ao mes repartido en 14 pagas anuais, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2023. Sn embargo, no caso de que o salario do traballador asalariado se reparta en 12 pagas, o Salario Mínimo alcanza os 1.260 euros brutos mensuais. Así o anunciou o Ministerio de Economía de Traballo e Economía Social, liderado por Yolanda Díaz, o pasado martes, 31 de xaneiro, tras chegar a un acordo con UGT e CCOO, aínda que sen o apoio da CEOE.
Pode consultarse o Real Decreto na publicación do BOE número 39 de 2023: https://www.boe.es/boe/dias/2023/02/15/pdfs/BOE-A-2023-3982.pdf