Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE)

Bases reguladoras

Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3 as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras, para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón catrocentos mil euros (1.400.000 €), de acordo coa seguinte distribución:

  • Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade: catrocentos mil euros (250.000 €).
  • Liña II. Conciliación: un millón cincuenta mil euros (1.050.000 €).
    • Subliña 1. Incentivos para o fomento do teletraballo: cento cincuenta mil euros (150.000 €).
    • Subliña 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: setecentos mil euros (700.000 €).
    • Subliña 3. Investimentos: douscentos mil euros (200.000 €).
  • Liña III. Certificacións RSE: cen mil euros (100.000 €).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día 11 de febrero de 2023.

Ligazóns a bases e extracto


CORRECCIÓN DE ERROS

Na páxina 13030, onde di: «5. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos de empresas que xa foron beneficiarias destas axudas polas mesmas liñas ou subliñas en convocatorias anteriores.»; debe dicir: «5. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos de empresas que xa foran beneficiarias destas axudas, polas mesmas liñas ou subliñas en convocatorias anteriores, excepto no estipulado no artigo 6 desta orde».

Deixa un comentario