
O Ministerio de Turismo, Industria, Comercio e Turismo declarou o Arde Lucus Festa de Interese Turístico Internacional, no ano en que se celebra a súa 22ª edición (https://www.boe.es/boe/dias/2023/03/23/pdfs/BOE-A-2023-7542.pdf).
A festa fora declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2011, e posteriormente, xa no ano 2017, foi declarada de Interese Turístico Nacional. Despois de 21 edicións, a cada cal máis exitosa, e dun gran labor de difusión para dar a coñecer esta recreación da historia romana de Lugo, por fin conseguiuse o obxectivo de ter este prestixioso recoñecemento.
A implicación de toda a cidadanía, cunha participación activa de comerciantes, hostaleiros, centros educativos e patrocinadores, e en especial das 19 asociacións de recreación histórica, contribuíu de maneira incuestionable a que o Arde Lucus sexa hoxe en día una das festividades máis destacadas de España, sobre todo no grupo formado por eventos de recreación histórica.