Provincia de A Coruña: Subvencións para a realización de actividades de promoción económica

Beneficiarios

Poderán acceder a estas axudas as entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, o que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.

Obxecto

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización das actividades descritas na base 2 das bases reguladoras específicas.

Bases reguladoras

A presente convocatoria rexerase polas Bases reguladoras publicadas no BOP nº 29 de 10 de febreiro de 2023 dispoñibles en: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/02/10/2023_0000000899.pdf.

Contía

O importe da consignación prevista ascende a un total de 500.000,00 euros, con cargo á partida 0510/4142/481 do orzamento ordinario para 2023. As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 1.500,00 euros e un máximo de 28.000,00 euros.

Criterios de valoración

Os criterios de valoración das solicitudes son os establecidos na base 7 das Bases reguladoras específicas.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día 11 de marzo de 2023, e rematará as 14:00 horas do día 31 de marzo de 2023.

Prazo de xustificación

O prazo para a xustificación das subvencións rematará o día 1 de abril de 2024 as 14:00 horas.

Outros datos de interese

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da
plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/.

Deixa un comentario