O comercio e as súas organizacións, contra a competencia desleal do Outlet Flash Market en IFEVI

A Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Pontevedra posiciónanse rotundamente, e así llo fixeron saber á Xunta de Galicia, en contra de eventos como o Outlet Flash Market que se pretendía levar a cabo en IFEVI. A Xunta de Galicia, a través do Director Xeral de Comercio transmitiu tranquilidade ao sector comunicando ás Federacións Galega e Provincial de Comercio que este evento, que se ía a levar a cabo os próximos 5, 6 e 7 de maio suspéndese ao ser contrario aos preceptos da Lei de Comercio Gallego e aos intereses do comercio de proximidade.

O sector e os seus representantes solicitaron ao longo destas últimas semanas á Consellería de Economía, Industria e Innovación a suspensión e anulación da celebración do Outlet Flash Market en IFEVI para os próximos 5 ao 7 de maio, así como promover as oportunas actuacións dirixidas a sancionar, no seu caso, aos promotores e organizadores da mencionada feira. Este evento ocasionaría graves e irreparables danos ao comercio establecido, ao non ser os artigos que se pretendían vender produtos dos comerciantes vigueses; co agravante de que se pretendía realizar en datas tan sinaladas a nivel comercial como son os días precedentes á celebración do Día da Nai e o propio día, 7 de maio.

A venda a través de feiras de oportunidades con carácter multisectorial promovidas por persoas á marxe dos establecementos legalmente establecidos na zona e das súas estruturas asociativas, supón un exercicio desleal fronte o comercio retallista e, neste caso, especialmente o de Vigo e os seus arredores.

A Federación Galega de Comercio – que preside José María Seijas López- e a Federación de Comercio de Pontevedra – que preside Iván Iglesias Domínguez – congratúlanse de que finalmente o mencionado outlet non se celebre, e lembran e advirten que posicionamentos como o que viñeron defendendo nestas últimas semanas en contra da competencia desleal son os seus acenos de identidade, en interese do sector do comercio de proximidade.

Deixa un comentario