Impulso da Rede de Mercados Excelentes de Galicia e dinamización de prazas de abastos (Crédito esgotado)

CRÉDITO ESGOTADO

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nas bases reguladoras:

  • Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
  • As federacións e asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de asociacións de vendedores de prazas de abastos, o número de membros asociados deberá supoñer, como mínimo, o 50 % dos postos existentes na praza de abastos. As federacións e asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

Obxecto

A concesión de subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.

Bases reguladoras

Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN223A).

Importe

A concesión de subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.

Concellos

Destinarase un crédito total de 4.400.000€, de acordo coa seguinte distribución:

AnualidadeImporte
20231.900.000 €
20242.500.000 €
Total4.400.000 €

Federacións e asociacións de prazas de abastos e mercados

Destinarase un crédito total de 220.000€ da seguinte forma:

Federacións de asociacións de prazas de abastos45.000 €
Asociacións de prazas de abastos175.000 €

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día 28 de abril de 2023 incluido.

Ligazóns a bases e extracto

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230427/AnuncioV0653-170423-0030_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230427/AnuncioV0653-170423-0031_gl.pdf

Deixa un comentario