O comercio de A Coruña e as súas organizacións, contra a competencia desleal do Flash Market Outlet en ExpoCoruña

A Federación Galega de Comercio e a Federación Provincial de Comercio de A Coruña posiciónanse rotundamente en contra de eventos como o Flash Market Outlet que se pretende levar a cabo nas instalacións do recinto feiral ExpoCoruña os próximos 12, 13 e 14 de maio. Así llo fixeron saber oficialmente no día de onte á Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

As patronais do comercio solicitaron a suspensión deste evento, contrario aos preceptos da Lei de Comercio Interior de Galicia e que supón unha competencia desleal fronte o comercio de proximidade establecido en A Coruña e os seus arredores.

O sector e os seus representantes xa solicitaron e conseguiron paralizar a pasada semana a celebración dunha feira similar que se ía a realizar en IFEVI en Vigo. Agora, coñecedores deste novo outlet en ExpoCoruña, o comercio reitera a necesidade de paralizar e suspender este evento, así como promover as oportunas actuacións dirixidas a sancionar, no seu caso, aos promotores e organizadores do mesmo; incidindo en que ocasionaría graves e irreparables danos ao comercio establecido, ao non ser os artigos que se pretenden vender produtos dos comerciantes coruñeses e os seus arredores.

A venda a través de feiras de oportunidades con carácter multisectorial promovidas por persoas á marxe dos establecementos legalmente establecidos na zona e das súas estruturas asociativas, supón un exercicio desleal fronte o comercio retallista e, neste caso, especialmente o da Coruña e a súa contorna.

A Federación Galega de Comercio – que preside José María Seijas López – e a Federación Provincial de Comercio de A Coruña – que preside Miguel Agromayor Vázquez – traballan para que as administracións respondan á súa petición e finalmente o mencionado outlet non se celebre. Así mesmo, lembran e advirten que posicionamentos como o que viñeron defendendo nestas últimas semanas en contra da competencia desleal son os seus acenos de identidade, en interese do sector do comercio de proximidade.

Deixa un comentario