Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega

Beneficiarias/os

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídos e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

  1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición en dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.
  2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega. As ditas actuacións deberán estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 21. Así mesmo, excepcionalmente considéranse subvencionables os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2022 derivados da organización e participación en feiras do período do Nadal 2022/23, así como os gastos efectuados no ano 2022 para o pagamento da súa reserva.

Bases reguladoras

Orde do 14 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN201G).

Importe

Destínase un total de 265.000,00 € das aplicacións orzamentarias seguintes:

Aplicación presupuestariaImporte (€)
06.03.751A.770.3.-Comercialización da artesanía de Galicia. Titulares obradoiros artesáns.1.900.000 €
06.03.751A.761.5.-Comercialización e promoción de feiras de artesanía de Galicia. Concellos.2.500.000 €
06.03.751A.781.4.-Comercialización da artesanía de Galicia. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns.4.400.000 €

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do 29 de abril de 2023.

Ligazóns a bases y extracto

Ficha resumo

Deixa un comentario