Persoas beneficiarias
- Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:
- Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
- Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I ás bases reguladoras.
- As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxectivo é regular as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I ás bases reguladoras.
Bases reguladoras
Resolución do 9 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A). Consulta as bases completas na ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230511/AnuncioO92-020523-0002_gl.pdf.
Importe
Dotaranse provisións para atender posibles falidos do exercicio 2023 polo importe máximo de 1.500.000 €. En relación ás compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria serán de 160.000 € para o exercicio 2023, de 130.000 € para o exercicio 2024 e de 130.000 € para o exercicio 2025, previa existencia de crédito adecuado e suficiente. A subsidiación ao tipo de xuro e/ou ás comisións de aval financiarase cunha dotación de 100.000 € para o exercicio 2023, 2.950.000 € para o exercicio 2024 e de 2.950.000 € para o exercicio 2025.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo comezará o 12 de maio e rematará o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o supuesto de esgotamento do crédito.
Ligazóns a bases y extracto
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230511/AnuncioO92-020523-0002_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230511/AnuncioO92-020523-0004_gl.pdf