Premios de Artesanía de Galicia 2023

Beneficiarias/os

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Os premios Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

  • Premio Artesanía de Galicia 2023.
  • Premio Traxectoria 2023.
  • Premio Beca Eloy Gesto 2023.

Bases reguladoras

Poden consultarse na ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230526/AnuncioV0653-100523-0009_gl.pdf.

Importe

Destínase un total de 13.000 € con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

  • Premio Artesanía de Galicia 2023: Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo.
  • Premio Traxectoria 2023: Trofeo acreditativo e sen dotación económica.
  • Premio Beca Eloy Gesto 2023: Beca de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 18 de setembro de 2023 e remata ás 14.30 horas do 29 de setembro de 2023.

Ligazóns a bases y extracto

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230526/AnuncioV0653-100523-0009_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230526/AnuncioV0653-100523-0010_gl.pdf

Deixa un comentario