Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
- Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
- a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. As páxinas web deberán cumprir os requisitos que figuran no anexo XIII da orde. - b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).
Para a consideración de pequena e mediana empresa observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE núm. L 124/36, do 20 de maio de 2003), establecendo para estes efectos que:
- a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
| Categoría de empresa | Persoal: unidades de traballo anual | Volume de negocio anual (€) | Balance xeral anual (€) |
|---|---|---|---|
| Micro | <10 | ≤ 2 millóns | ≤ 2 millóns |
| Pequena | <50 | ≤ 10 millóns | ≤ 10 millóns |
| Mediana | <250 | ≤ 50 millóns | ≤ 43 millóns |
- (continuación)
- c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).
En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655 así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.
No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal.
- c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).
- Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.
As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
- a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.
- b) Que teñan a sede social e ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.
- c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.
- d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas na liña 1.1.c) deste artigo, en función da poboación do concello, que se indica a continuación (En todo caso, o número de comercios asociados debe representar, como mínimo, o 40 % do número de socios da asociación):
| Poboación concello | Mínimo comercios asociados |
|---|---|
| Menos de 5.000 habitantes | 10 |
| De 5.000 a 20.000 habitantes | 20 |
| Máis de 20.000 habitantes | 50 |
- (continuación)
- No caso de federacións, que teñan ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos na letra d).
Obxecto
O financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.
Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente na convocatoria. Poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230530/AnuncioV0653-160523-0009_gl.pdf.
Importe
Para a concesión destas subvencións destínanse 3.800.000,00 con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea Next GenerationEU, que se imputarán ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023:
| Aplicación orzamentaria | Importe (€) | Persoas beneficiarias |
|---|---|---|
| 05.04.751A.770.7 | 3.300.000,00 | Artigo 3.1.1.1 do anexo I |
| 05.04.751A.781.2 | 500.000,00 | Artigo 3.1.1.2 do anexo I |
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do 31 de maio de 2023. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Ligazóns a bases e extracto
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230530/AnuncioV0653-160523-0009_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230530/AnuncioV0653-160523-0013_gl.pdf
Ficha resumo
AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA (23 de agosto de 2023)
- Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).
- O incremento da dotación será de 506.442,08 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.770.7, Fondo Tecnolóxico MRR dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.
Unha vez efectuado este incremento, o importe da dotación orzamentaria da aplicación 05.04.751A.770.7 ascenderá a 3.806.442,08 € e o importe total da orde de axudas ascende a 4.306.442,08 €.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230823/AnuncioG0692-170823-0003_gl.html
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE ACTUACIÓNS E XUSTIFICACIÓN (14 de setembro de 2023)
Amplíase o prazo das actuacións subvencionables, que agora inclúe aquelas realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 10 de novembro de 2023.
Así mesmo, amplíase o prazo de presentación da documentación xustificativa ata o 10 de novembro de 2023.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230914/AnuncioG0692-070923-0006_gl.pdf
ESGOTAMENTO DO CRÉDITO (20 de setembro de 2023)
Emitiuse unha resolución da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publicida o esgotamento do crédito dispoñible para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230920/AnuncioG0692-140923-0003_gl.pdf