Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
O obxecto é a concesión de axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.
Bases reguladoras
As bases reguladoras publícanse conxuntamente na convocatoria do programa de bonos Activa comercio. Poden consultarse na ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230929/AnuncioG0692-140923-0006_gl.pdf.
Importe
Para a concesión destas axudas destínanse 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.
Data de activación dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 9 de outubro ata o 31 de decembro de 2023, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.
Mediante orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación poderase modificar a dita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellasen, do que se dará a publicidade oportuna.
Buenas tardes, MUCHAS GRACIAS por ayudar al comercio local , estamos en una época que todo es de agradecer.
Un saludo
Buenos días,
Muchas gracias. Esperamos que estas campañas ayuden al comercio de proximidad y a las familias gallegas, en estos momentos de dificultades económicas para todos. Ojalá consigamos que se lleven a cabo más acciones con este objetivo.
Un saludo.