- A Consellería de Economía, Industria e Innovación pon en marcha da cuarta edición do Bono Comercio cun orzamento de 2,5 millóns de euros para incentivar as vendas en establecementos comerciais de proximidade.
- A través desta iniciativa, que ten tamén por obxectivo axudar a reducir o impacto da inflación na economía das familias galegas, as persoas consumidoras dispoñerán dun desconto de 30€ para as súas compras en comercios adheridos.
- Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga e uso a partir do vindeiro 9 de outubro.

Santiago de Compostela, 29 de setembro do 2023
Despois do grande éxito obtido nas anteriores edicións, Consellería de Economía, Industria e Innovación pon en marcha da cuarta edición do Bono Comercio, que contará cun orzamento de 2,5 millóns de euros, co obxectivo de impulsar as vendas no comercio de proximidade, así como axudar a reducir o impacto da inflación na economía das familias galegas.
Do mesmo xeito que en anteriores edicións, as persoas consumidoras poderán descargar desde a web www.bonosactivacomercio.gal o bono de 30€ para as súas compras nos comercios adheridos. Os bonos terán formato dixital de código QR que se usará a través dunha aplicación móbil. Os importes dos descontos calcularanse da seguinte maneira:
- Compras iguais ou superiores a 20€ e inferiores a 30€: Desconto de 5€.
- Compras iguais ou superiores a 30€ e inferiores a 50€: Desconto de 10€.
- Compras iguais ou superiores a 50€: Desconto de 15€.
Os bonos poderán descargarse e utilizarse desde o 9 de outubro do 2023 ata o 31 de decembro do 2023, ou ata que se esgote o orzamento destinado ao programa.
Ao igual que na anterior edición, non se limitará o número de usuarios que poden descargar os bonos, se non que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non poderán utilizarse aínda que teñan saldo pendente.
Toda a información, próximamente na web www.bonosactivacomercio.gal.