Progama Responsabilízate para PEMES e persoas autónomas

Obxecto

É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (TR320B).

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia e que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións.

2. Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
  • b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
  • c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.

Servizos aos que optarán as empresas beneficiarias do programa

1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.

2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e ferramentas da RSE. Así mesmo, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para a construción dun plan de acción RSE.

3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.

Forma e lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado incluído como anexo I desta resolución e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Plazo para presentación de solicitudes

1. O prazo estará aberto desde o día 7 de novembro de 2023 e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria, que virá determinada pola contía de adxudicación do contrato de servizos do programa Responsabilízate.

2. Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Ligazóns de interese

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231106/AnuncioG0656-261023-0001_gl.pdf

Deixa un comentario