LEI 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia, publicada no DOG do 06/07/2023, e que entrou en vigor no mes de Outubro, segundo a cal, dende a súa data de entrada en vigor, non existe a obriga de comunicar previamente ao servizo de Xogos da Xunta de Galicia, a realización dos sorteos por combinación aleatoria que os comerciantes levan a cabo a miúdo como parte das campañas promocionais que se realizan para incentivar o consumo no noso sector do comercio retallista.
As restantes obrigas en relación a estes sorteos polo sistema de combinación aleatoria seguen vixentes:
- A obriga de liquidar as tasas correspondentes á Facenda Autonómica polos premios que se sortean.
- A aplicación das retencións fiscais na Axencia Tributaria Estatal no caso de que procedan.
- A obriga de depositar as bases dos sorteos e campañas ante Notario.
- O cumprimento de tódalas obrigas inherentes as estas campañas promocionais, reguladas pola Lei de Comercio de Galicia (Lei 13/2010 do 17 de decembro).
Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230706/AnuncioC3B0-040723-0001_gl.html