Talleres multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tal para efectos destas axudas:

  • a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, clústeres empresariais ou hubs de innovación dixital ao abeiro da Estratexia galega de HID.
  • b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a creación de espazos de colaboración entre empresas (mínimo 6) para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración na implementación de ferramentas dixitais, desenvolvemento e implantación de procesos ou produtos máis sustentables ou melloras a prol dunha función loxística mais avanzada e sustentable, así como oportunidades de hibridación intersectorial.

Bases reguladoras

As bases reguladoras completas poden consultarse na ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231207/AnuncioO92-241123-0001_gl.pdf

Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse cos seguintes importes e distribución plurianual: 300.000 € con cargo ao ano 2024 e 350.000 € con cargo ao ano 2025.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do 2 de xaneiro de 2024 e ata as 14.00 horas do 2 de febreiro de 2024.

Ligazóns de interese

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231207/AnuncioO92-241123-0001_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231207/AnuncioO92-241123-0002_gl.pdf


FICHA RESUMO

Deixa un comentario