Plan Renove Electrodomésticos Galicia 2024

Para todos os detalles relativos á adhesión de entidades colaboradoras, consultar a Ficha Resumo ao final desta mesma publicación.

Beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal.
  2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Obxecto

Regular a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos en vivendas localizadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Bases reguladoras e convocatoria

As bases reguladoras completas poden consultarse na ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240112/AnuncioG0474-221223-0002_gl.pdf

Contía

O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 2.175.000,00 euros.

Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.

(*) Inclúe lavasecadoras sempre e cando teñan unha clasificación para lavado A ou B.

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Prazo de presentación de solicitudes

  1. As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo formulario normalizado anexo IV desta resolución, xunto ca documentación que se indica nas bases reguladoras.
  2. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
  3. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do 15 de xaneiro de 2024 e rematará o 30 de xuño de 2024 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
  4. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 8 de febreiro de 2024 ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).

Ligazóns de interese

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240112/AnuncioG0474-221223-0002_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240112/AnuncioG0474-221223-0001_gl.pdf

Ficha resumo

Deixa un comentario