Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior punto 1.
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos: préstamos para investimentos estratéxicos; préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego; préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval; préstamos para financiar circulante enmarcados nun proceso de reestruturación de débedas, para as empresas de transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura, e para a industria manufactureira e préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior.
Bases reguladoras
As bases reguladoras completas da orde poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240115/AnuncioO92-221223-0001_gl.pdf
Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria contan cun importe de 13.000.000 de € para o ano 2024 e 17.000.000 de € para o ano 2025.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do 16 de xaneiro de 2024 e rematará o 29 de novembro de 2024 ás 14.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Ligazóns de interese
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240115/AnuncioO92-221223-0001_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240115/AnuncioO92-221223-0002_gl.pdf