Créditos para PEMES do IGAPE – 2024

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión Europea, físicas ou xurídicas, que cumpran os seguintes requisitos:

  • a) Realizaren unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación que se pretende financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • b) Cumpriren os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I ás bases reguladoras.

Tamén poderán ter a condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxectivo é regular as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas, que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I ás bases reguladoras.

Bases reguladoras

As bases reguladoras completas desta orde poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioO92-281123-0001_gl.pdf

Importe

Dotaranse provisións para atender posibles falidos do exercicio 2024 polo importe máximo de 2.000.000 de €. En relación coas compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria serán de 250.000 € para o exercicio 2024 e de 270.000 € para o exercicio 2025, logo de existencia de crédito adecuado e suficiente. A subsidiación ao tipo de xuro e/ou ás comisións de aval financiarase cunha dotación de 250.000 € para o exercicio 2024, 4.430.000 € para o exercicio 2025 e 4.500.000 € para o exercicio 2026.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo comenza ás 8.00 horas do 23 de xaneiro de 2024 e rematará ás 14.00 horas do día 30 de septembro de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Ligazóns de interese

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioO92-281123-0001_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioO92-281123-0002_gl.pdf

Deixa un comentario