Premios de Artesanía de Galicia 2024

Beneficiarias/os

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

  • Premio Artesanía de Galicia 2024.
  • Premio Traxectoria 2024.
  • Premio Bolsas Eloy Gesto 2024.

Bases reguladoras

As bases reguladoras completas da orde poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240701/AnuncioG0767-200624-0002_gl.html

Importe

Destínase un total de 21.000,00 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

  • Premio Artesanía de Galicia 2024: Dotación de 9.000,00 € e trofeo acreditativo.
  • Premio Traxectoria 2024: Trofeo acreditativo e sen dotación económica.
  • Premio Becas Eloy Gesto 2024: Ata tres becas de formación de 4.000,00 € cada unha e diploma acreditativo.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 16 de setembro de 2024 e remata ás 14.30 horas do 27 de setembro de 2024.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario