Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais 2024

Entidades beneficiarias

As cooperativas e sociedades laborais que xurdan dalgún dos procesos regulados no punto 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos puntos 2 e 3 do mesmo artigo.

Obxecto e finalidade

Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais, por parte de persoas traballadoras de entidades con negocios en crise ou sen remuda xeracional, por parte de persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de sociedades.

Bases reguladoras

As bases reguladoras completas do programa poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240610/AnuncioG0767-290524-0001_gl.html

Contía

O orzamento total ascende a dous millóns trescentos setenta mil euros (2.370.000 €), distribuído en dúas aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentariaCódigo do proxecto2023Importe total
44.04.324C.471.02021.0067570.000,00 €570.000,00 €
44.04.324C.771.02021.00671.800.000,00 €1.800.000,00 €
Total2.370.000,00 €2.370.000,00 €

A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables regulados no artigo 6 da orde e cos límites establecidos no artigo 7.1.

As axudas poden incrementarse no caso de que as entidades beneficiarias cumpran algunha das condicións reguladas no artigo 7.2 da orde.

En todo caso, a axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos puntos 1 e 2 do artigo 7 da orde non poderá exceder os 74.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día 11 de xuño do 2024 e rematará o 16 de setembro de 2024, salvo que se produza o suposto esgotamento do crédito orzamentario.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario