ORDE do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241022/AnuncioG0767-091024-0002_gl.html
EXTRACTO da Orde do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241022/AnuncioG0767-091024-0003_gl.html
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
O obxecto é a concesión de axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.
Terceiro. Bases reguladoras
As bases reguladoras publícanse conxuntamente na convocatoria do programa de bonos Activa comercio.
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destinaranse 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 44.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
Quinto. Data de activación dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de novembro ata o 31 de decembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.