Persoas beneficiarias
As agrupacións permanentes de comerciantes, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia e plena capacidade, legalmente constituídas baixo calquera forma xurídica, cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e desenvolvan proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
Obxecto
A dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
Bases reguladoras
As bases reguladoras completas da orde poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0767-290125-0001_gl.html
Importe
Destínase un crédito de 2.500.000,00 euros financiado con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.06.751A.481.01 por un importe de 1.000.000,00 euros e 14.06.751A.781.1 por un importe de 1.500.000,00 euros, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día 19 de febreiro de 2025.
Ligazóns de interese
- Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0767-290125-0001_gl.html
- Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0767-290125-0002_gl.html
CORRECCIÓN DE ERROS
- Na páxina 10590, no punto dous do artigo 6 das bases reguladoras, onde di: «A porcentaxe da subvención modúlase en función da puntuación total acadada na valoración do programa de actividades de dinamización comercial de cada centro comercial aberto de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto 1.1 do artigo 13 destas bases reguladoras», debe dicir: «A porcentaxe da subvención modúlase en función da puntuación total acadada na valoración do programa de actividades de dinamización comercial de cada centro comercial aberto de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto 1 do artigo 13 destas bases reguladoras».
- Nas páxinas 10590 e 10591, no punto tres do artigo 7 das bases reguladoras, onde di: «Para o desenvolvemento da campaña extraordinaria de dinamización consideraranse subvencionables as categorías de gasto establecidas no punto 2 do artigo 5 destas bases reguladoras, así como calquera outro que sexa necesario e indispensable para a súa execución. Non se considerarán subvencionables os gastos e actuacións previstas no punto 4 do artigo 5», debe dicir: «Para o desenvolvemento da campaña extraordinaria de dinamización consideraranse subvencionables as categorías de gasto establecidas nas letras a), b) e c) do punto 2 do artigo 5 destas bases reguladoras, así como calquera outro que sexa necesario e indispensable para a súa execución. Non se considerarán subvencionables os gastos e actuacións previstas no punto 4 do artigo 5».
- Na páxina 10604, na letra h) do artigo 20 das bases reguladoras, onde di: «Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, de desenvolvemento desta e no artigo 18 destas bases reguladoras», debe dicir: «Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, de desenvolvemento desta, e no artigo 21 destas bases reguladoras».
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250303/AnuncioG0767-250225-0003_gl.html