Festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral 2026

Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2026

De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 serán as seguintes:

1 de xaneiroAninovo
6 de xaneiroEpifanía do Señor (día de Reis)
19 de marzoSan Xosé
2 de abrilXoves Santo
3 de abrilVenres Santo
1 de maioFesta do Traballo
24 de xuñoSan Xoán
25 de xulloDía Nacional de Galicia
15 de agostoAsunción da Virxe
12 de outubroFesta Nacional de España
8 de decembroInmaculada Concepción
25 de decembroNatividade do Señor

As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.

Festas locais

Serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da dirección territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.

Cómputo de prazos

As festas laborais sinaladas no artigo 1 terán o carácter de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos.

Ligazóns de interese

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250620/AnuncioG0767-120625-0002_gl.html

Deixa un comentario