Premios de Artesanía de Galicia 2025

Beneficiarias/os

Artesás/áns e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia, convocar os premios para o ano 2025 e autorizar a Fundación Pública Artesanía de Galicia para a súa concesión.

Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

  • Premio Artesanía de Galicia 2025.
  • Premio Traxectoria 2025.
  • Premio Becas Eloy Gesto 2025.

Bases reguladoras

As bases reguladoras completas da orde poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250624/AnuncioG0767-040625-0001_gl.html

Importe

A dotación económica global dos premios de Artesanía de Galicia é de 21.000 € e financiarase con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

  • Premio Artesanía de Galicia 2025: Dotación de 9.000,00 € e trofeo acreditativo.
  • Premio Traxectoria 2025: Trofeo acreditativo e sen dotación económica.
  • Premio Becas Eloy Gesto 2025: Ata tres becas de formación de 4.000,00 € cada unha e diploma acreditativo.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 15 de setembro de 2025 e remata as 14.30 horas do 26 de setembro de 2025.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario