Subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal 2026

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Comerciantes retallistas.

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE nº 187, do 26 de xuño). Para a consideración de peme observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE nº L 124/36, do 20 de maio), establecendo para estes efectos que:

Categoría de empresaPersoal: unidadesde traballo anualVolume de negocioanual (€)Balance xeral anual (€)
Micro< 10≤ 2 millóns≤ 2 millóns
Pequena< 50≤ 10 millóns≤ 10 millóns
Mediana< 250≤ 50 millóns≤ 43 millóns

c) Que, tendo a consideración de peme, teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a dez, incluídas as persoas en situación de autoemprego, no establecemento comercial para o cal se solicita a subvención.

d) Que a actuación para a cal se solicita subvención se corresponda:

1º. Co obxecto social que figura nas escrituras, acta ou documento de constitución.

2º. Coa actividade principal do establecemento indicado na solicitude. Esta actividade deberá estar encadrada nalgunha das epígrafes relacionadas nos anexos II e III.

No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, tamén deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

e) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns.

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo o día en que presenten a solicitude de subvención.

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de axudas para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal.

Bases reguladoras

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260108/AnuncioG0767-261225-0001_gl.html

Importe

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de 3.950.000,00 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, que será imputado da seguinte forma:

Aplicación orzamentariaCódigo proxectoImporte
14.06.751A.770.12015 002542.950.000,00 €
14.06.751A.770.12024 000331.000.000,00 €

Esta cantidade poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) Unha transferencia de crédito, se o procedemento de concesión da subvención é o previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde as 9.00 horas do día 16 de xaneiro de 2026.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario