Entidades beneficiarias
- As asociacións de entidades de economía social.
- Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
- As cámaras de comercio.
- As universidades.
- As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento.
Obxecto e finalidade
Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.
Bases reguladoras
Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2026 e 2027 (código de procedemento TR811A).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260203/AnuncioG0767-120126-0001_gl.html
Contía
O orzamento total ascende a seiscentos noventa mil euros (690.000,00 €), distribuído en dúas anualidades: anualidade 2026, 265.000,00 €; anualidade 2027, 425.000,00 €.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día 4 de febreiro do 2026.
Otros datos
Unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.