Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción – 2026

Entidades beneficiarias

  • As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, para as actuacións previstas no programa I.
  • As asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, para as actuacións previstas no programa II.

Obxecto e finalidade

Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades representativas da economía social de Galicia, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
  • Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción.

Bases reguladoras

Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260203/AnuncioG0767-120126-0003_gl.html

Contía

O orzamento total ascende a trescentos trinta e cinco mil euros (335.000,00 €) e a distribución de créditos por programas é a seguinte: programa I, 230.000,00 €; programa II, 105.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda é dun mes, contado a partir do 4 de febreiro do 2026.

Outros datos

Para os dous programas, unha vez concedida a subvención e agás oposición expresa da entidade interesada, poderá facerse efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 90 % do importe da subvención.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario