Declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19


Poñemos a disposición pública o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo (BOE 14 de marzo de 2020), polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Así mesmo, publicamos a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e actívase o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. Na devandita Resolución detállanse algúns dos establecementos comerciais que poden permanecer abertos en Galicia.

Achégase tamén o Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunida Autónoma de Galicia, declararada polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de Marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (DOG 15 marzo de 2020). Destacar que este último acordo da Xunta de Galicia, no que se engaden outros comercios comerciantes polo miúdo que están opostos excepción da obrigatoriedade de peche, e modifica neste sentido nalgúns puntos, o Real Decreto do Goberno polo que se declara o estado de alarma.

En conclusión, os comercios minorista que poderán permanecer abertos son os recollidos en ambos acordos da Xunta de Galicia.

Para cualquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto con nos no teléfono 982 255 120.
Atentamente.

Deixa un comentario