Medidas de flexibilización aplicables a territorios que entrasen na Fase I de desescalada do confinamento


Publicamos a Orde SND/399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (BOE do 9 de maio de 2020).

https://boe.es/boe/dias/2020/05/09/pdfs/BOE-A-2020-4911.pdf

Achegamos así mesmo un resumo orientativo que recolle a case totalidade das medidas máis destacadas e importantes da Orde publicada, que afectan os territorios que entran este luns 11 de maio, na Fase I de desescalada, como ese o caso das 4 Provincias Galegas tal e como se recolle no Anexo da Orde, medidas que afectan a toda a poboación, mobilidade, desprazamentos, hixiénicas e sanitarias,e as medidas específicas para os diferentes sectores de actividades económicas afectadas.

Por último, achegamos tamén un esquema máis reducido, só referido ás medidas que afectan o comercio comerciante polo miúdo, por se devanditos resumos ou esquemas poden axudarlles á mellor comprensión desta Orde, ou para utilizar de guía para a aplicación das medidas aprobadas.

Esperamos que esta información lles resulte de interese e utilidade.

Atentamente.

Deixa un comentario