Prórroga do Estado de Alarma – Real Decreto 514/2020, BOE 8 de maio


Publicamos o Real Decreto 514/2020, do 8 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 9 DE MAIO DE 2020).

https://boe.es/boe/dias/2020/05/09/pdfs/BOE-A-2020-4902.pdf

Convén destacar do Real Decreto que a prórroga do Estado de Alarma aprobada, estenderase desde as 00:00 horas do domingo 10 de maio, ata o 00:00 horas do día 24 de maio.

Tamén sinalar que en aplicación do plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID 19, aprobadas por Consello de Ministros do 28 de abril de 2020 (publicadas no Ministerio de Sanidade-Anexo II do Plan de Desescalada), o Ministro de Sanidade, a proposta no seu caso das CCAA, e á vista da evolución dos indicadores sanitarios, epidemiolóxicos, sociais, económicos e de mobilidade, poderá acordar no ámbito da súa competencia, a progresión das medidas aplicables nun determinado ámbito territorial, ou a regresión no seu caso das mesmas dependendo da situación e as circunstancias de evolución da pandemia.

No marco das decisións que se adopten sobre a progresión das medidas de desescalada, as persoas poderán desprazarse polo territorio da provincia, illa ou unidade territorial de referencia que se determine a efectos do proceso de desescalada, sen prexuízo das excepcións que xustifiquen un desprazamento a outra parte do territorio nacional por motivos sanitarios, laborais, profesionais, empresariais, de retorno á residencia familiar, asistencia e coidado de maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou calquera outra causa de forza maior ou situación de necesidade.

Así mesmo modifícase o Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo polo que se declara o Estado de Alarma inicial, no sentido de que a vixencia do devandito estado de alarma e as súas prórrogas, non impedirá o desenvolvemento e realización de actuacións electorais para desenvolvemento de eleccións convocadas a Parlamentos de Comunidades Autónomas.

Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.

Atentamente.

Deixa un comentario