Publicamos a Orde SND/507/2020, do 6 de xuño, pola que se modifican diversas ordes co fin de flexibilizar determinadas restricións de ámbito nacional e establecer as unidades territoriais que progresan ás fases 2 e 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (BOE 6 de xuño de 2020).
https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/06/pdfs/BOE-A-2020-5795.pdf
Achegamos así mesmo un resumo orientativo con todas as medidas aplicables á Fase III na que entra Galicia e aplicables desde as 00:00 h do luns 8 de xuño, no cal se realiza un compendio das medidas publicadas na Orde SND/458/2020, do 30 de maio (BOE do 30 de maio) de medidas de flexibilización para entrada na fase III de desescalada (aplicable ata a data só a illas de Gomera, Hierro, Formentera, A Graciosa), aplicables agora a Galicia tamén, por estar entre os territorios que entran na Fase III, xunto coas modificacións da devandita Orde que leva a cabo a Orde do 6 de Xuño que ajuntamos a esta circular, todo iso sen prexuízo de que a Xunta de Galicia, en virtude das competencias que lles atribuíu o Estado ás respectivas C.A, poida publicar normativa ou medidas aplicables a Galicia durante a devandita Fase III, nese caso, remitiremos ditas medidas autonómicas en canto sexan publicadas.
De momento, a normativa e medidas aplicables a Galicia nesta nova Fase III, son a recollidas no resumo orientativo adxunto, que poden utilizar como guía para o cumprimento e execución de ditas novas medidas de flexibilización aprobadas. No caso de que a Xunta de Galicia publique algunha medida ou norma que flexibilice ou aumente ou modifique estas medidas dentro das competencias outorgadas polo Goberno central, serán publicadas nesta mesma páxina web www.comerciogalicia.org, así como remitidas por circular, e publicadas así mesmo no Facebook da Federación Galega de Comercio.
Esperamos que esta información lles resulte de interese.
Atentamente.