Publicamos a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios comerciantes polo miúdo galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014- 2020, e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524 C). (DOG 19 de xuño de 2020), así como a ficha resumo da devandita Resolución.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200619/AnuncioO92-110620-0004_gl.pdf
Lembrámoslles que previamente á solicitude destas axudas, deberán realizar o autodiagnostico do seu establecemento comercial en relación á súa situación e preparación ante o COVID 19, mediante a ferramenta de IGAPE Comercio Seguro Galicia.
Ademais, antes de proceder a solicitar estas axudas, deben rexistrarse na páxina do IGAPE http://tramita.igape.es, e cubrir o formulario correspondentes para lograr o código IDE que lles pemitirá acceder á solicitude destas axudas. O código alfanumérico IDE é imprescindible e debe incorporarse á solicitude das devanditas axudas cando se proceda á súa tramitación. Por tanto recomendámoslles consultar a guía orientativa do IGAPE (pulsar para acceder) que recolle os pasos para cubrir o devandito formulario previo e conseguir o citado código IDE, para proceder posteriormente a tramitar estas axudas.
Estas subvencións son para comercios sexa cal for a súa forma xurídica, de menos de 10 traballadores, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que estean dados de alta nalgún dos epígrafes do ANEXO I da presente Resolución, e que teñan como máximo 300 metros cadrados de exposición e venda ao público.
Subvencionaranse investimentos realizados a partir do 15 de marzo de 2020 e ata a data de xustificación que indique a resolución de concesión da axuda, e os gastos subvencionables poderán ser:
- Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
- Vinilos adhesivos para delimitar distancias no chan.
- Dispositivos de control de aforo.
- Dispositivos de control de temperatura.
- Portas de apertura automática.
- Instalación de puntos de autopago.
- Sensores de luz.
- Máscaras individuais de protección.
- Luvas.
- Calzas.
- Dispensadores de xeles hidroalcohólicos.
- Instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.
- Contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais
- Etc. (Consultar todos na resolución).
O importe dos proxectos subvencionables estará comprendido entre 300 e 1.200 euros. A contía das axudas será do 100% cun límite máximo de 1.200 euros por comercio beneficiario.
Esperamos que esta información lles resulte de interese.
Atentamente.