Ticket de dinamización comercial para revitalizar o comercio e o consumo

Bases reguladoras

Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300B).

Entidades beneficiarias

  • As asociacións de comerciantes sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal.
  • As federacións de asociacións de comerciantes que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto

A incentivación da demanda comercial e o incremento das vendas do comercio retallista a través do tícket de dinamización comercial.

Importe

Destínanse 500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.781.1.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 10 de febreiro de 2023.

Enlaces a bases e extracto

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230209/AnuncioV0653-180123-0007_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230209/AnuncioV0653-180123-0008_gl.pdf

Ficha resumo

Deixa un comentario